O Goberno axudará ás electrointensivas mentres os traballadores continuarán manifestándose

Os traballadores da empresa cervense Alcoa acordaron ir á folga o mércores 1 de xullo. Como sinalaron será unha “folga como é debido”, e secundada polas empresas auxiliares.

Tamén ese día manifestaranse ante a sede Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, e comunicaron que non será a única medida, xa que hai que lembrar que para este domingo 28 preparan unha caravana de coches para ir a Lugo.

Os traballadores acordaron incrementar as protestas xa que só queda un mes para o ERE e que afectará a 534 empregados da fábrica de aluminio.

O Consello de Ministros aprobado onte o Fondo Español de Reserva para Garantías de Entidades Electrointensivas (FERGEI) para a cobertura por conta do Estado dos riscos derivados de operacións de compravenda a medio e longo prazo da subministración de enerxía eléctrica (PPA) entre consumidores de enerxía eléctrica que teñan a condición de consumidores electrointensivos.

Está dotado con 200 millóns de euros anuais, para cubrir, como máximo, 600 millóns de euros de investimento en tres anos. A administración da tesourería do Fondo encoméndase ao Consorcio de Compensación de Seguros e desígnase como Axente Xestor á Compañía Española de Seguros de Crédito para a Exportación (CESCE).

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto dixo que “é unha medida clave para axudar á gran industria a rebaixar a súa factura enerxética alcanzando un prezo estable, e a facela máis competitiva; á vez, dá seguridade e certeza para impulsar os investimentos nas plantas”.

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo estima en máis de seiscentos o número de beneficiarios potenciais, e que o 80 por cento dos consumidores electrointensivos podería asinar contratos deste tipo por dez anos.

A Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía (AEGE) considera que esta medida “non servirá para reducir a curto prazo o diferencial de prezo cos nosos principais competidores», aínda que «pode axudar a algunhas empresas, pero o problema maior seguen sendo os prezos que nos ofertan a un horizonte tan longo»

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: