Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Caravana de coches dende a Mariña en apoio aos traballadores de Alcoa

Por 28 Xuño, 2020Sin comentarios

Os traballadores de Alcoa e veciños da Mariña xuntaronse hoxe nunha caravana organizada polo comité de empresa para intentar reclamar solucións e medidas antes a ameaza de peche da planta de Aluminio.

Así, unha caravana de coches reivinticativa saíu esta mañá dende diferentes sitios da Mariña lucense para achegarse a Lugo.

Partiron ás 10.00 horas dende o aparcadoiro do mercado de Viveiro e continuaron recollendo e unindo a máis veciños mariñaos, para así sair ás 11.00 horas de Foz e Barreiros e chegar a Lugo ás 14.00 horas.

O vindeiro mércores, 1 de xullo, está convocada unha folga na fábrica de San Cibrao; tamén haberá ese día unha manifestación en Santiago. Ao día seguinte, o 2, terán unha nova reunión con Alcoa para seguir negociando o plan social.