Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Burela FSF, campión de Liga por terceira vez

Por 28 Xuño, 2020Sin comentarios

O Pescados Rubén Burela FS gañou por terceira vez a Liga tras derrotar ao AD Alcorcón FS (3-2) nunha final disputada no pavillón Martín Carpena de Málaga e sen público para evitar contaxios por mor do coronavirus,

A final resultou moi equilibrada, con dominio alterno sobre a pista e gran esforzo de ambos equipos. Ata en dúas ocasións adiantaríanse as lucenses na primeira parte e outras tantas lograba equilibrar o marcador o conxunto oleiro. Xa no segundo acto, o gol de Jenny Santos culminando unha vertixinosa contra tras roubo de balón en metade de cancha sería decisivo na resolución dun choque, no que as madrileñas se envorcaron nos compases finais co xogo de cinco, pero sen acerto na finalización para igualar o choque.

Case once meses despois do gran comezo de tempada cos títulos de 4Nations Futsal de Milán e a Supercopa de España, o Pescados Rubén Burela chega a conseguir a terceira liga para a súa vitrina, as anteriores foron a 2012/2013 e 2015/2016.