Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Lourenzá decidiu suspender a XXX Festa da Faba

Por 28 Xuño, 2020Sin comentarios

Nunha reunión celebrada na que participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, membros do equipo de goberno e representantes dos fabeiros de Lourenzá, acordouse suspender a XXX Festa da Faba, que se ía celebrar na primeira fin de semana de outubro.

A rexedora municipal laurentina explica que “foi unha decisión moi difícil de tomar porque esta ía ser unha edición especial ao cumprírense os 30 anos da súa celebración, pero vista a evolución da pandemia do Covid-19, os rebrotes que se están a producir e a incerteza do que poda pasar no outono fíxonos tomar esta dolorosa medida, xa que non se podería garantir a seguridade dos numerosos visitantes que acoden a esta importante cita gastronómica”.

Rocío López comentou tamén que “o concurso para escoller o cartel anunciador segue adiante. Falaremos co autor ou autora do traballo gañador para que a súa obra quede para anunciar a próxima edición”.