Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A burelesa, Silvia Rozas, gañou o primeiro premio ex-aequo no Euroflute Solo Competition

Por 29 Xuño, 2020Sin comentarios

A burelesa, Silvia Rozas Ramallal, gañou o primeiro premio ex-aequo no Euroflute Solo Competition.

Silvia comunicou que “estou moi feliz tamén por todas as mensaxes de apoio e a axuda co premio do público. Foi emocionante ver media Burela compartindo o vídeo”.

Na actualidade estuda na Hochschule für Musik Hanns Eisler Berlin con Silvia Careddu, e tamén e academista na Deutsche Oper Berlin e membro da Euyo e a Jonde e tocou xunto á Orquestra Xove.

Ademais, Silvia foi agasallada en concursos internacionais como o IV Concours International de Flüte Maxence Larrieu Nize, o IV Concorso Flautistico Internazionale Severino Gazzelloni ou o XIII Premio Internacional Andalucía Flauta.

Este premio está valorado en 1.000 euros, un recital na VI Convención de la Asociación de Flautistas de España e unha entrevista publicada na revista TODO FLAUTA Nº 22.