Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O festival benéfico do Resurrection contará con moitas actividades online

Por 29 Xuño, 2020Sin comentarios

A semana que vén sería a semana de comezo do Resurrection Fest Estrela Galicia 2020 e son moitos os meses que a xente estivo esperando por esta data.

Gracias a Estrela Galicia e a súa campaña elResuEGresiste os seguidores desfrutarán dunha edición online en streaming.

Haberá un documental especial de longa duración no que se percorrerá toda a historia do festival, ano tras ano, desde 2006, con entrevistas ao equipo, artistas, curiosidades, problemas aos que se enfrontan e vídeos inéditos.

Poderase ver de maneira exclusiva e só unha vez concertos tan épicos como a despedida de Slayer o pasado verán, Gojira, The Offspring, Rancid, Mastodon, Rise of the Northstar ou Crystal Lake, entre outros.

Tamén contactán con moitísimos artistas que mandaron saúdos e falaron do importante que é para eles tocar en España cun dos mellores públicos do mundo e no Resurrection Fest, un dos seus preferidos.

Ademais, farán un resumo das mellores actuacións que houbo no festival durante todos estes anos e haberá un programa especial realizado por Jon Sistiaga e Joe Pérez- Orive, só para o Resurrection Fest Estrela Galicia Online, e contarán con sorteos e moitas máis actividades que irán anunciando.

Dende a organización lembran que están a preparar unha Black Box especial que ademais de ter unha camiseta espectacular para coleccionistas, contará cun vaso conmemorativo e unha pulseira de festival. Enviaranse a partir do 25 de xuño e cos fondos recadados coas vendas deste pack irán destinados a colectivos que resultaron especialmente perxudicados polo covid-19. “Farémolo a través de varias entidades colaboradoras, como son Cruz Vermella Española – Lugo coa campaña “Responde Emerxencia Coronavirus”, ou a Federación Española de Bancos de Alimentos- FESBAL. Ademais, poderanse facer doazóns durante a retransmisión polas vías indicadas”.