Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP de Foz di que o Concello malgasta medios

Por 29 Xuño, 2020Xullo 13th, 2020Sin comentarios

De surrealista tacha o concelleiro popular focego, Javier Castiñeira, a situación e o desgoberno do bipartito focense na que a “última xogada é que unha cuadrilla municipal de tres operarios, cun todo terreo con remolque mais un tractor con segadora de brazo estiveron rozando a LU P 2011 en Marzán propiedade da Deputación”.

O voceiro local considera “o grave da situación é que tanto Deputación de Lugo coma Concello de Foz están despilfarrando o diñeiro en contratar a empresas o rozado das estradas para que ao final sexan os operarios do Concello de Foz os que o fagan. O despropósito e a falta de coordinación dos bipartitos Focense e Lucense chega a tal punto que se pisan o traballo  mentres deixan vías locais sen rozar ou mesmo o polígono industrial de Foz que está totalmente abandonado”.

Castiñeira acusa de sumiso a Cajoto e falto de carácter para esixirlle ao presidente da Deputación que roce as estradas provinciais canto antes, algunha delas coma esta de acceso as praias que dan unha imaxe lamentable para o turismo local.

“Cajoto está máis pendente de renderlle pleitesía ao PSOE que de xestionar os recursos dos focenses con rigor e esixímoslle polo menos que pida explicación aos gobernos na Deputación e Central coa mesmo ímpeto que o fai contra a Xunta de Galicia, que por certo e administración que máis inviste no noso Concello e que non fai falla que lle rocen as estradas”, di Castiñeira.

Castiñeira pedirá explicacións no Concello e na propia Deputación de Lugo para que aclaren o sucedido e procuren non volva a suceder porque xa non é a primeira vez que ocurre posto que fai meses volveron a facer o mesmo na rúa Concello de Xove tamén de titularidade provincial.