Skip to main content
Actualidade

Os afectados por coronavirus na Mariña soben a 28 e en toda a provincia a 47

Por 29 Xuño, 2020Sin comentarios

O brote de coronavirus na Mariña lucense segue a crecer e queda establecida en 28 casos activos, todos os casos relacionados cun brote familiar que se orixiou en Xove pero que afecta xa a Viveiro, Burela e Foz. As investigacións continúan así como os grupos de poboación illados á esperada dos resultados de moitos dos máis de 300 análises realizadas.

O balance da incidencia do coronavirus reflicte hoxe un novo incremento dos casos activos na área sanitaria de Lugo. En total, son xa 47 casos os contabilizados este luns. Do total de casos activos, dous atópanse hospitalizados. Un deles no Lucus Augusti de Lugo e outro no hospital da Costa. O resto dos pacientes contaxiados recupéranse no seu domicilio.

Desde o inicio da crise sanitaria, o virus cobrouse 28 vidas na provincia e infectáronse preto dun milleiro de persoas (en concreto, 994). Afortunadamente, 922 xa superaron a enfermidade e recibiron o alta.

Pola súa parte, no resto de Galicia, sumáronse dous casos máis, condicionados polo brote na Mariña. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 312, deles 71 son da área da Coruña, 44 da de Lugo, 22 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 131 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 308 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.615 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

A crise da área luguesa, ademais, lastra sensiblemente ao conxunto de Galicia. A pesar de que hoxe hai ata tres áreas que ven reducido o seu número de casos activos, o brote da Mariña ten consecuencias no conxunto das áreas galegas, que hoxe sofren unha nova subida, idéntica á da xornada de onte.