Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ourol concederá un bono coidado extraordinario á dependencia

Por 29 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Ourol vén de presentar a concesión de axudas económicas para compensar os gastos da suspensión da actividade dos centros de día ou ocupacionais aos que acudía a persoa usuaria que comezou o día 16 de marzo de 2020.

Ata que se levante a devandita suspensión, hai dúas modalidades, A, de contratación dun servizo de axuda no fogar, de gastos derivados da contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras, e de compensación pola diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada. Esta axuda terá un importe máximo de 500 €/mes.

E a modalidade B, de contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva, que terá un importe máximo de 100 €/mes. Entre estes servizos están os de rehabilitación funcional, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, estimulación cognitiva, estimulación sensorial, atención psicomotriz, atención psicolóxica, atención neuropsicolóxica, atención psiquiátrica, rehabilitación psicosocial ou atención pedagóxica.

As dúas modalidades son compatibles, isto é, as persoas beneficiarias poden solicitar una delas ou as dúas e o prazo de solicitude é ata o 13 de xullo de 2020.

As persoas familiares que subscriban un contrato para a prestación do SAF ou un contrato ou ampliación doutro existente cunha persoa coidadora, ou que soliciten unha excedencia ou redución de xornada para atender ás persoas usuarias de centros de día de maiores e de centros de día específicos de alzheimer, e de centros de día ou ocupacionais de persoas con discapacidade, autorizados e inscritos no RUEPSS, cuxa actividade está suspendida como consecuencia da epidemia do coronavirus COVID-19; ou para a contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva a estas persoas.