Aberto o prazo para as axudas Activa Valadouro

O Concello do Valadouro vén de comunicar que xa se poden pedir as axudas Activa Valadouro.

O prazo para saolicitudes é ata o día 10 de xullo continua aberto o prazo de solicitudes.

Haberrá dúas liñas de axudas, a Liña 1 será para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos ou que sufriran unha redución da súa facturación de polo menos o 75%.

A Liña 2 será para persoas físicas traballadores por conta allea que experimentaran unha merma nos seus ingresos a consecuencia de ser incluídos nun expediente de regulación temporal de emprego, ou tido necesidade de solicitar excedencia ou redución de xornada para a atención de fillos menores de 13 anos.

Para presentar as solicitudes haberá que pedir cita previa chamando ao 982 574 000.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: