O Concello de Barreiros contratará persoal técnico deportivo e de turismo

O Concello de Barreiros contratará, ao abeiro da subvención que lle corresponde do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo, dúas persoas técnicas para coordinar labores deportivas e turísticas no municipio.

Os postos que se convocarán nas vindeiras semanas serán por una duración de nove meses e coa contratación dese persoal pretenden “sentar as bases de proxectos de futuro tanto en materia deportiva como turística.”

O edil de dinamización sinala que “a COVID-19 veu modificar as vidas e tamén as dinámicas que se teñen que desenvolver nos concellos. Por iso, haberá que estruturar as actuacións que se leven a cabo nestas áreas para adaptalas ás restricións que poidan xurdir da situación de emerxencia sanitaria.”

O persoal de turismo traballará na elaboración e coordinación dun plan de dinamización turística no que se lle dará participación a todo o sector “para aproveitar sinerxias e potencialidades que existen no noso concello e que deben repercutir no beneficio xeral.”

No caso do persoal de deportes, explican que “se destinará a coordinar tanto as actividades deportivas de base en forma de escolas deportivas, como as actividades físicas para persoas adultas.” O Concello potenciará as disciplinas existentes e ofertará outras novidosas como o surf, en colaboración con entidades da zona.

Dani García sinala que farán un esforzo por priorizar o fomento de disciplinas ao aire libre, como poden ser o atletismo ou o ciclismo, onde ademais de fomentar a vida saudable, se fomenta o respecto e coidado do territorio.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: