Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Xove cancela o campamento de verán

Por 30 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Xove vén de comunicar a cancelación do campamento de verán e pospoñelo ao 2021.

“Tras sopesar as diferentes posibilidades que tiñamos para desenvolver o noso campamento Xove Concilia Verán, finalmente decidimos pospoñelo ao verán 2021. Estivemos esperando a ver se a evolución da pandemia permitía poder realizar un campamento en condicións”, din dende o Concello.

Debido ás  restricións impostas pola crise sanitaria, vironse na imposibilidade de organizar a devandita acción de conciliación garantindo as medidas de distancia de seguridade interpersonal e as medidas de hixiene e prevención. Todo isto unido aos recentes rebrotes xurdidos na comarca.