Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Comeza unha nova xornada de manifestacións en apoio aos traballadores de Alcoa

Por 1 Xullo, 2020Sin comentarios

Os traballadores da empresa cervense de Alcoaten convocada unha folga en Santiago frente a sede da Xunta de Galicia, malia xa comezaron esta madrugada coas protestas polo Ere que afecta a 534 traballadores da planta de aluminio e outros tantos auxiliares.

Comezaron con barricadas de neumáticos ardendo coma noutras ocasións, e continuaron queimando o cartel de entrada á fábrica de San Cibrao. Tamén algúns manifestantes cortaron a vía do tren colocando pedras e troncos sobre os raíles.

Á concentración de Santiago non so acudirán os operarios senón que estarán respaldados por veciños, comerciantes e autónomos da zona da Mariña que en apoio a estes decidiron pechar os seus negocios e desplazarse a Santiago.

Ao día seguinte, o día 2, terán unha nova reunión con Alcoa para seguir negociando o plan social.

Moción da Deputación

O grupo provincial do BNG sacou adiante no Pleno desde martes unha moción que “reclama ao Estado e á Xunta intervir Alcoa e retornala ao ámbito público para manter os postos de traballo que dependen do complexo industrial de San e o futuro económico e social da comarca da Mariña”.

O voceiro nacionalista urxiu aos dous gobernos a “poñer solucións enriba da mesa para o aluminio porque”, advertiu, “o reloxo corre en contra dos intereses dos traballadores e da comarca da Mariña e quédanos moi pouco tempo”.

No debate da moción, no que PP e PSOE defenderon a xestión de Xunta e Goberno do Estado, Efrén Castro apuntou que “aquí non se trata de buscar culpables ou de pasarse a pelota. Ese tempo xa pasou. Hai dous gobernos que teñen que poñerse a salvar a situación porque Alcoa xa dixo, alomenos publicamente, que para eles a factoría de San Cibrao non ten futuro. É unha multinacional e ten outros intereses. Polo tanto o único que pode salvar agora a situación da Mariña é a nacionalización, ou intervención, chámanlle como queiran. A nos válenos”, apuntou.

O voceiro nacionalista aludiu ao informe presentado este luns pola Cig no que se debullan os aspectos xurídicos do procedemento de intervención, dacordo co marco normativo europeo e estatal.

A moción, que tamén reclama a creación dunha tarifa eléctrica galega que abarete o prezo da enerxía en Galiza para as electrointensivas e para o resto do tecido industrial e dos consumidores, aprobouse cos votos a favor do PSOE e a abstención do Partido Popular.

O voceiro nacionalista afeou a abstención dos populares cando se reclama “o mesmo que piden os traballadores e o comité de empresa e que é a única solución posible unha vez que Alcoa dixo publicamente que non lle interesaba seguir coa produción en San Cibrao”.