Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Ecologistas en Acción outorga unha bandeira negra a Alcoa e ás praias da Mariña

Por 1 Xullo, 2020Sin comentarios

Ecologistas en Acción vén de publicar unha lista das 48 peores praias e zonas costeiras de toda España polas vertedura de augas ou a mala depuración entre outros.

Este informe anual tamén inclúe algúns enclaves de Galicia, como na Coruña a praia de Lires en Cee por contaminación fecla e a praia das Delicias en Sada por mala xestión ambiental, en Pontevedra a contaminación de Ence e en Lugo a producida por Alcoa, ademais da mala xestión ambiental da zona costeira polo insuficiente sistema de deputación .

A única zona por contaminación que atopan en Lugo e na que está Alcoa en San Cibrao e que este ano acadou a bandeira negra por contaminación.

Ano tras ano os ecoloxista denuncia as verteduras de eslamiada caustica da fábrica e que afectan directamente á saúde das persoas e á contorna mariña. Tamén de forma consecutiva veñen denunciando que a empresa segue operando “ante o silencio cómplice da Xunta por medo a que calquera esixencia que se lles fixese”, din.,

“A multinacional estivo tempo chantaxeando á Comunidade dicindo que a planta estaba en perigo de peche e que precisaban maiores axudas para abaratar custos senón vían en risco a súa viabilidade. Alcoa, empresa que encadea dez condenas xudiciais por contaminar a súa contorna, xoga coa necesidade de postos de traballo e a precariedade laboral para conseguir un maior trato de beneficio mentres o que deixou ao seu paso en Galicia é miseria ambiental e destrución. Xoga coa lexislación ambiental, cos traballadores e co goberno, e segue esixindo cada vez máis e máis axudas do estado mentres ameaza que se non pechará a empresa que ten en San Cibrao, onde traballan 1.150 persoas, tras vender o pasado ano ao fondo suízo Parter Capital as súas plantas de Avilés
e A Coruña, argumentando, entre outros aspectos, o elevado prezo da enerxía no país”, din den Ecologistas en Acción.

A fábrica conta cun almacenaxe de bauxita en San Cibrao e unha balsa de lodo vermello de 78 Ha, situada a menos de 1 km do mar nunha zona de 3.500 habitantes. “Non debemos esquecer que a planta de Alcoa de San Cibrao foi denunciada durante anos por verteduras de eslamiada caustica. Unhas verteduras afectan directamente á saúde das persoas e á contorna mariña. Ademais da contaminación directa, estas verteduras relacionáronse tamén coa desaparición de bosques mariños de Laminaria”, resaltan a organización ecoloxista.

Os ecoloxistan tamén fan referencia a mala xestión ambiental das praias da Mariña nas que segundo o seu informe “65 están a sufrir actuacións sobre a zona rasa do litoral sen observar medidas para a protección da biodiversidade. Mesmo sobre
zonas de Rede Natura ou próximas que sofren unha gran presión urbanística polo auxe do turismo”.

O problema agrávase cada ano, porque crece o turismo e as infraestruturas que primeiro se colapsan son os sistemas de depuración de augas residuais e que afecta a todo o medio mariño, pero visibilízase nas praias.

“Ningún dos 7 municipios costeiros da Mariña líbrase de verteduras contaminantes ao mar. Destacamos a Barreiros pero desgraciadamente este non é un caso único no litoral lucense. En Foz, San Cibrao, Viveiro, O Vicedo, etc. o resultado é unha paisaxe esnaquizada, urbanizacións, vivendas a medio construír abandonadas, e un longo etc.”, comentan.