Lugo suma tres casos activos máis de coronavirus e Galicia un menos

O Sergas comunicou que a provincia de Lugo conta con tres casos activos máis ca onte, alcanzando xa os 52 afectados en toda a provincia de Lugo, que deste xeito conta xa con 1005 persoas en total no histórico de contaxios desta pandemia, dato que inclúe falecidos, curados e casos activos. Este acto indícanos que hai en realidade seis casos máis novos xa que se produciron un  total de tres altas.

Segundo indican os responsables sanitarios, o número de falecidos non varía, seguen a ser 28 e mantéñense ingresadas dúas persoas, unha no hospital da Costa e outra en Lugo.

As novas altas seguen vinculadas ao brote detectado na Mariña, que afecta a veciños de Xove, Foz e Burela principalmente e que suman un total de 35, tras a suma de dous casos máis. A maioría dos infectados son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve. Mentres continúan os estudos e as probas para poder illar a todos os afectados, as autoridades sanitarias anunciaron que quedaban suspendidas as verbenas e a apertura de locais de ocio nocturno en toda a comarca.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 313, un menos que onte, deles 70 son da área da Coruña, 52 da de Lugo, 20 da de Ourense, 10 da de Pontevedra, 128 da área de Vigo, 23 da de Santiago, e 10 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 están en unidades de hospitalización e 310 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.633 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

Os datos do Servizo Galego de Saúde son, por primeira vez en tres días, positivos para o conxunto das áreas galegas cun caso menos malia o ascenso continuado aínda que lento que se produce en Lugo.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: