Skip to main content

O Concello de Lourenzá vén de comunicar que a partir de hoxe a piscina municipal estará aberta ao público. As instalacións abrirán en horario de 12 a 20 horas durante os meses de xullo e agosto.

E dende o Concello piden a todos os usuarios que sexan precavidos e que adopten as medidas de seguridade necesarias ante o covid e que sigan sempre todas as instruccións que lles indiquen os socorristas.