Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Praias de Barreiros confirma a continuidade de tres equipos

Por 1 Xullo, 2020Sin comentarios

O Praias de Barreiros vén de comunicar trala asamblea xeral que varios equipos seguirán na competición.

Trala comunicación a primeiros de xuño da “máis que posible desaparición do club pola delicada situación económica que vive o club, consecuencia da falta de compromiso e apoio por parte do Concello de Barreiros”, según a directiva.

Así, confirmaron que seguiran os equipos de fútbol sala sénior feminino, sénior masculino e o equipo mixto de atletismo.

Ademais, durante o próximo mes seguirán avanzando e informando das renovacións, fichaxes, etc.