Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG aposta por aumentar a superficie agraria e diversificar o agro

Por 2 Xullo, 2020Sin comentarios

Olalla Rodil expuxo esta tarde en Lourenzá as propostas da formación nacionalista en relación co medio rural.  Nun encontro  co sector agrogandeiro no Pazo de Tovar,  a cabeza de lista ao Parlamento por Lugo explicou que o BNG considera o medio rural un sector estratéxico no desenvolvemento económico e social do país” e debullou as iniciativas para reverter o “retroceso das economías e das condións de vida no medio rural tras once anos de goberno do Partido Popular”.

A candidata nacionalista marcou como prioridades a recuperación de superficie agraria útil ata as 100.000 hectáreas no 2030, a diversificación da produción agrogandeira e forestal e a defensa do sector produtivo agrogandeiro fronte ás grandes distribuidoras alimentarias.

Rodil sostivo “Galiza e  a comarca da Mariña teñen no sector agrogandeiro un potencial por desenvolver, que pasa por aproveitar os recursos e capacidades produtivas da terra e do monte,  diversificando a produción, apostando por modelos extensibles e produtos de calidade e por completar os ciclos económicos coa transformación deses produtos”. 

“As políticas agrarías teñen que ir acompañadas de medidas que permitan que os produtores poidan vivir do seu traballo e teñan acceso a servizos básicos como a sanidade e a educación”. Quen vai quedar no rural se non hai médicos no centro de saúde, se tes que cambiar de comarca para ir á pediatra, se  tes servizos qe permitan a conciliación, preguntouse a candidata, suscitando outra das problemáticas do medio rural, o despoboamento. “Para que a mocidade quede no rural as administracións deben garantir que dispoñen de servizos e infraestruturas”.

No acto tamén participou o número 2 da candidatura nacionalista Dani Castro que incidiu en que “o abandono do medio rural non responde á casualidade se non a unha planificación política e económica:  queren empuxarnos a vivir unicamente do turismo”, concluíu o ribadense.

Visita ao barrio dos Muíños en Mondoñedo

Tras o encontro en Lourenzá, Olalla Rodil e Dani Castro visitaron o barrio dos Muíños , un proxecto posto en marcha durante a etapa de goberno nacionalista en Mondoñedo