Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Club Atletismo Lourenzá entregou o material comprado coa recadación

Por 2 Xullo, 2020Sin comentarios

A fin de semana do 16 e 17 de maio o Club Atletismo Lourenzá organizou unha proba deportiva virtual co fin de recadar fondos para a compra de material de protección fronte ao covid-19 para os sanitarios da Mariña lucense, na que a achega mínima era de 3 euros e podendo realizar calquera actividade deportiva, sen estipulación de distancia, ou simplemente facer un donativo sen realización de actividade algunha.

Co diñeiro acadado compraron material homologado que acaban de entregar en diferentes centros da zona.

A organización explica que “a única intención do noso club era a de recadar o diñeiro máximo posible para a compra deste material e así poder servir a todos aqueles centros que, por uns motivos ou outros, carecesen deles, pero, lamentablemente, foron máis altas nosas expectativas que a participación cidadá e só logramos recadar 537 euros, cifra moi pequena para comprar todo o material que, nun principio, era nosa intención”.

Por este motivo decidiron entregar as pezas adquiridas naqueles tres municipios dos cales máis achegas recibíronse, facendo desta forma un pódium ficticio: quedaron empatadas as poboacións de Mondoñedo e Lourenzá (con 16 achegas cada unha); a seguinte foi Foz, con 11 achegas; e o terceiro posto ocupouno Ribadeo, con 10 achegas.

O club investiu a totalidade do diñeiro recadado na compra de batas plásticas lavables reutilizables e pantallas protectoras, ambas as pezas homologadas, e repartiu este material, en lotes equitativos, entre o centro xeriátrico de Mondoñedo, hospital de San Pablo (Mondoñedo), centro de saúde de Lourenzá, xeriátrico de Foz e os 3 centros xeriátricos abertos actualmente en Ribadeo (Miradoiro do Eo, CAM Ribadeo e Residencia San Sebastián e San Lázaro)”.

Desde o Club Atletismo Lourenzá engaden “como xa comentamos, encantounos poder contribuír con moito máis, como era nosa intención, pero non fomos capaces de logralo. As iniciativas solidarias son froito do esforzo de moitos, non só duns poucos. Así pois, esperamos que o recibades coa mesma boa intención coa que nós o entregamos. Oxalá o coronavirus pronto nos abandone e xa non sexa necesario protexerse tanto del pero, de non ser así, esperamos que, a nosa escasa achega, tamén sexa de axuda”.