Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aberto o periodo de pago voluntario do IBI de Viveiro

Por 3 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa a todos os veciños de Viveiro que, tras a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, o período de pago voluntario do Imposto de Bens Inmobles comezou onte, 1 de xullo, e durará ata o 1 de setembro. 

A domiciliación do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e os bens inmobles de carácter especial implicará o seu fraccionamento en tres periodos, sen recargo, de xeito que o primeiro cargo se realizará o 5 de xullo; o segundo, o 5 de setembro; e o terceiro, o 5 de novembro. En cada un deste fraccionamentos procederase ao cobro do 33,33 % do importe do recibo.

En anos anteriores, o fraccionamento deste imposto para os recibos domiciliados realizábase en dous pagos, que se pasaban ao cobro en xullo e outubro. Neste exercicio, estableceuse o seu fraccionamento en tres pagos, como medida de flexibilidade para a protección familiar e empresarial, co fin de facilitar o pago deste imposto atendendo ás consecuencias derivadas da crise provocada pola pandemia do COVID19.