Skip to main content
Actualidade

Lugo rexistra 13 casos novos e na Mariña xa son máis de 60

Por 3 Xullo, 2020Sin comentarios

O brote de coronavirus detectado na Mariña segue crecendo de forma continuada. Este venres o Sergas confirmou 13 casos novos o que fai subir o total afectados activos en 77.

Do total, máis de 60 están vinculados ao brote da Mariña, que serían doce nas últimas 24 horas. Tamén se detectaron  positivos vinculados na cidade de Lugo en no occidente de Asturias, aínda que traballa na zona luguesa. A maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve. Aínda así segue a haber tres persoas ingresadas, unha no Hula e dúas no hospital da Mariña.

Ata o momento, o número de falecementos continúa estable en 28 persoas e foron dados de alta 926 persoas, unha máis que onte, o que fai un total histórico de casos de 1.031.

O brote da Mariña focalizouse nun primeiro momento nunha reunión familiar en Xove pero posteriormente crese que  os contaxios proceden de tres bares do Porto de Burela. Agora mesmo hai infectados en toda a costa con casos en Barreiros e Ribadeo.

Entre as medidas postas en marcha está o peche de varios bares en Burela e outro en San Cibrao. Hai arredor de 600 persoas confinadas ata o momento que non poderán exercer o seu dereito ao voto o 12 de xuño.

O presidente da Xunta denunciou onte que o Sergas está a ter problemas para realizar o seu traballo. “O Covid-19 é unha enfermidade de declaración obrigatoria, igual que unha tuberculose. Ninguén pode ocultar ou virus ou que foi persoa de contacto con outra que se o ten”, lembrou Alberto Nuñez Feijóo tras referirse a algún caso que negou ter contacto cun contaxiado.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 318, un máis que onte. Deles 63 son da área da Coruña, 77 da de Lugo, 17 da de Ourense, 5 da de Pontevedra, 122 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 10 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 314 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.665 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.