Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Nova edición do concurso de fotografía ‘Xove, a súa costa e o seu mar’

Por 3 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VII Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso haberáunha única categoría e contará con cinco premios en metálico. Un primeiro de 120 euros, un segundo de 100, un terceiro de 90, un cuarto de 75 e un quinto de 65.

A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas.

Poderanse presentar un máximo de tres fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove e deberán presentarse en formato dixital, jpg, en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

A documentación a presentar para participar no concurso será a ficha de inscrición-autoría, unha copia do NIF e un CD que conteña as imaxes dixitais.

O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse antes do día 11 de setembro, tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite.

Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura.