Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Olalla Rodil afirmou “é hora de facer valer a Mariña”

Por 3 Xullo, 2020Sin comentarios

DCIM100MEDIADJI_0045.JPG

No seu segundo mitín na Mariña desde que comezou unha campaña insólita, marcada pola covid-19, Olalla Rodil dixo en Foz que o voto para defender os intereses da Mariña é o voto ao BNG. Nun acto público celebrado nos xardíns Conde de Fontao, a candidata do BNG ao Parlamento por Lugo tirou da experiencia propia para argumentar “o abandono da comarca por parte das forzas estatais”.

Rodil, que encara a segunda lexislatura na cámara galega, lembrou que nunha das súas primeiras intervencións no Parlamento galego defendeu unha iniciativa para abrir ao tráfico comercial o dique norte do porto de Morás. A proposta aprobouse por unanimidade “pero nin populares nin socialistas fixeron ningún movemento para unha infraestrutura que recuperar o uso público do porto e poñelo ao servizo de todos os sectores produtivos da comarca”. “Podiamos continuar coa lista: sucede coa autoridade portuaria, coa autovía transcantábrica, con servizos básicos como a sanidade, e agora tamén con Alcoa”

É hora de facer valer a Mariña”

“Agora a prioridade da Mariña e a prioridade do BNG é a loita por manter os postos de traballo e a produción de aluminio en San Cibrao. Porque o reloxo corre e non queda tempo. Nos témolo moi claro: a Xunta e o Estado teñen que intervir a empresa. Por iso, se a partir do 12 de xullo, o BNG goberna en Galicia porá enriba da mesa unha participación pública en Alcoa”

“Pero tamén hai que traballar na busca de alternativas. O que non fixo o PP nos últimos once anos de goberno. Máis dunha década perdida nunha comarca cun gran potencial produtivo. Temos terra, temos monte, temos mar. Non pode ser que a mocidade desta comarca estea pensando en emigrar”.

“É hora de facer valer este país. É hora de facer valer A Mariña. E a única garantía diso é votar Bloque Nacionalista Galego o vindeiro 12 de xullo. Galicia precisa un goberno galego, dunha forza galega, sen ataduras, libre para defender os intereses do país e da comarca por riba de todo”, concluíu.

Recuperar a área sanitaria e os servizos do Hospital Público da Mariña

O número 2 da candidatura o ribadense Dani Castro incidiu no compromiso do BNG coas traballadoras e traballadores de Alcoa, e con outras demandas da comarca como a recuperación da área sanitaria, eliminada polo Partido Popular. “Onde tiñamos unha área sanitaria e un hospital xeral, Feijóo deixanos un centro de saúde grande, sen especialidades, sen tecnoloxía, sen material e sen persoal”.

O programa electoral do Bng recollle a recuperación das áreas sanitarias eliminadas polo goberno popular e a posta en valor dos hospitais comarcais, cos medios e persoal preciso para garantir unha atención adecuada. Así mesmo, inclúe a constitución de Consellos de Saúde de Área como órganos de particpación da cidadanía na toma de decisións.

O acto tamén contou coa intervención de Francisco Xavier Fanego, tenente de alcalde de Foz, e da responsable comarcal e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, que “coñeza o terreo e que poida vir a Mariña sen medo a unha contestación social”. A rexedora barreirense subliñou a aposta na mocidade que fai o Bng e que ten o seu reflexo nunha candidatura encabezada por Olalla Rodil e Dani Castro.