Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Cervo realizou as probas de selección dos socorristas para este verán

Por 5 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo xa realizou as probas de selección dos 6 socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas na Praia do Torno este verán.

A proba consistiu nun rescate de vítima e remolque ata a  praia e reanimación cardiopulmonar.

O 6 socorristas seleccionados incorporaranse o próximo martes ao seu posto de traballo na Praia do Torno, con bandeira azul, en quendas de mañá e tarde.

O edil de Turismo, David Rodríguez, recorda que moito antes de que nos concederan a bandeira azul que marca a obrigatoriedade deste servizo, a finais do mes de maio “decidimos emprazar aos socorristas municipais da piscina nesta praia coincidindo coa chegada do bo tempo, e co alivio das medidas de restrición do COVID-19 en Galicia”

Así mesmo, Rodríguez recorda o protocolo de salvamento e seguridade que se deseñou en coordinación co Servizo Municipal de Emerxencias, de tal xeito que se dotou aos socorristas de balóns de ventilación, de gafas protectoras especiais e de equipos de protección individual para cada técnico para que poidan realizar as intervencións de primeiros auxilios, se se dese a circunstancia, con todas as garantías tanto para o suposto lesionado como para o propio socorrista; coa máscara como elemento obrigatorio ante a imposibilidade de manter a distancia, nestes supostos. Os socorristas tamén dispoñen de xeles desinfectantes e demais material específico contra o COVID-19.

Así mesmo, tamén se instalaron carteis informativos en todas as praias do municipio nos que se lles recorda ás persoas usuarias a importancia de manter a distancia de seguridade tanto sobre a area como no baño, que eviten que as crianzas contacten con materiais e con outras persoas,  que non practiquen deportes colectivos no areal e que, se detectan algún síntoma, que abandonen a praia.

Desde o Concello de Cervo pídenlle á cidadanía que goce dos diferentes areais que ten o municipio, pero sempre con responsabilidade, e seguindo as recomendacións de Sanidade.