O Partido Popular suspende os actos da campaña previstos para Viveiro e Ribadeo

O Partido Popular súmase á suspensión dos actos da campaña previstos para Viveiro e Ribadeo hoxe pola tarde.

Os mariñáns membros da lista popular resaltan que, en calquera circunstancia, o prioritario é a saúde. Pola súa parte cumprirán estritamente as medidas decididas polos técnicos sanitarios, porque é –din- a maneira de frear canto antes os rebrotes e avanzar e consolidar a recuperación da normalidade.

Os membros da lista do PP por Lugo con domicilio na Mariña están convencidos de que, como xa ocorreu durante o pasado confinamento, a colaboración cidadá será moi intensa e os contaxios frearanse con rapidez.

 

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: