Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ao BNG de mondoñedo sorpréndelle que o Centro de Día reabrise as súas portas

Por 6 Xullo, 2020Sin comentarios

Tendo en conta as informacións dadas pola Xunta de Galicia na que anunciaba a reapertura dos Centros de Día a partir do 15 de xullo, o BNG de Mondoñedo pide explicacións e pregunta que autoridade deu o visto bo para que o Centro de Día da localidade mindoniense reabrira a as súas portas despois do día 1.

Segundo o BNG, a Xunta de Galicia anunciou o pasado 2 de xullo a autorización da reapertura dos Centros de Día públicos e privados a partir do 15 de xullo, sempre que conten cun protocolo específico de reactivación aprobado pola correspondente área sanitaria, por iso que os nacionalistas non entenden que o centro de Mondoñedo estivera aberto xa desde o pasado día 1.

Segundo o voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, o Centro de Día volve a estar pechado desde o día hoxe pero a semana pasada houbo dependentes usuarios do centro que eran recollidos nas súas casas polo vehículo adaptado propiedade do concello pola mañá, comían no centro, e non volvían ao seu lugar de residencia ata a tarde.

Oficialmente a Xunta só lle permite aos centros prestar atención terapéutica individual con cita previa así que entendemos que o servizo que se estivo dando estes tres primeiros días do mes en Mondoñedo excedeu do pautado”.

Eloi pregúntase tamén se o persoal encargado de dar o servizo no centro ten rematado os cursos de formación ofrecidos pola Xunta e se teñen os equipos de protección individual necesarios para que os traballadores e usuarios poidan contar coa máxima seguridade.

O BNG xa leva días solicitando a apertura dos centros canto antes e que se faga con garantías pero parécenos moi chocante que mentres máis de 14.000 persoas usuarias de Centros de Día de toda Galiza seguían esperando para poder recibir atención, en Mondoñedo a Xunta permitise este servizo desde o día 1”. 

Para o BNG, “a Xunta e o concello deberían dar explicacións para aclarar o que pasou coa reapertura anticipada do centro e se unha vez pasados estes cinco dias de restricións debido ao rebrote do COVID-19 na Mariña vai volver a abrir ”.

O Centro de Día San Rafael de Mondoñedo encóntrase situado nun edificio anexo á residencia de maiores, foi inaugurado en abril do ano 2017 e está xestionado pola ONG Edad Dorada Mensajeros de la Paz.