Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Barreiros comezou cos traballos do plan de desinfección tralo rebrote

Por 6 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Barreiros comezou cos traballos do plan de desinfección de parques infantís e mobiliario urbano do municipio.

A alcaldesa Ana Ermida informa desta medida e pide prudencia extrema para a súa utilización. “Dada a situación de rebrote do Covid-19 que se está a vivir na Mariña, a nosa recomendación é non utilizalos, e no caso de facelo, compre extremar as precaucións xa que o seu uso implica a utilización de elementos comunitarios”.

Para a desinfección, que se fará diaria seguindo as indicacións emitidas pola Xunta de Galicia, o Concello de Barreiros contratou persoal específico asumindo os gastos que isto conleva.