Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello do Vicedo prepara actividades para o mes de xullo

Por 6 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello do Vicedo presentou as actividades socioculturais para este mes de xullo onde predominan as actividades de exterior, de natureza, con pequenos grupos e en condicións de seguridade sanitaria, polo que é imprescindible anotarse previamente no teléfono 92 59 01 95.

En función da evolución da situación irán ampliando o tipo de actividades e todas elas terán un máximo de 20 participantes.

Así, o mércores 8 xullo ás 16.30 horas será a presentación dos Mércores de natureza con táboas paddle SUP e kayaks pola costa do Vicedo. O punto de encontro é a praia de Arealonga. Esta actividade terá un prezo especial de 10 euros e os participantes deben ter unha idade mínima de 10 anos. Contarán con cinco táboas paddle SUP.

O sábado 11 xullo ás 10 horas poderase desfruar dunha Ruta de sendeirismo que percorrerá dende a Casa da Cultura, Arealonga, Serantes, Carrexas, Piñeiro, Triscornia e volver á Casa da Cultura. Serán aproximadamente 12 quilómetros.

O mércores 15 xullo ás 10 horas será a Subida do Río Sor en Kayaks, a saída farase desde o peirao do Vicedo e regreso en furgonetas de actividades Estaca. O prezo é de 17 euros e durará dúas horas.

O domingo 19 xullo ás 10 horas comezará outra Ruta de sendeirismo, nesta ocasión por Bares, O Barqueiro e volver a Bares. PErcorreranse aproximadamente 15 quilómetros e o punto de encontro será na Casa da Cultura do Vicedo ás 9.30 horas.

O mércores 22 xullo ás 10 dará saída unha nova Ruta de sendeirismo homologada e baixo o nome Costa do Vicedo, serán 13,5 km e a saída ás 10 horas farase desde o apeadeiro de Feve do Vicedo para desprazarse en tren ata o inicio da ruta.

Por último o mércores 29 de xullo ás 10 horas haberá unha Xeoruta polo entorno de Ponte Segade a cargo do xeólogo Fran Canosa. O punto de encontro será na Casa da Cultura e a visita farase en coches particulares. Esta actividade é gratuita.