Skip to main content
Actualidade

Viesgo rexistrou en 2019 unha mellora na súa calidade de subministración

Por 24 Xullo, 2020Sin comentarios

Viesgo obtivo en 2019 uns resultados récord en canto á calidade da subministración eléctrica ofrecida aos seus clientes de Cantabria, Asturias, Galicia e Castela e León nos máis de 31.700 quilómetros da súa rede de distribución. Así o acreditan os datos rexistrados de TIEPI (Tempo de Interrupción Equivalente da Potencia Instalada), o indicador que mide a calidade do servizo eléctrico, que no último exercicio rexistrou na zona de Viesgo unha interrupción media por cliente de 32,4 minutos. Esta é a mellor cifra lograda na historia da compañía e que supera o dato rexistrado en 2018 nun 13,6%.

Na comunidade autónoma de Galicia en particular, o TIEPI en 2019 foi de 41,7 minutos, polo que a calidade de subministración na rexión foi un 9,34% mellor que o ano anterior.

En relación a estas cifras, Miguel Antoñanzas, presidente de Viesgo, explica que “estes datos avalan o traballo que cada día desempeñan os nosos profesionais e anímanos a seguir cumprindo cos obxectivos marcados, mellorando cada vez máis a calidade do servizo que prestamos aos nosos clientes”. Ao seu xuízo, “o investimento na mellora das instalacións, así como na dixitalización e innovación dos procesos da nosa rede de distribución, fai posible que o servizo que prestamos sexa cada día máis eficiente”.

O progreso continuo deste indicador por parte de Viesgo denota o compromiso da compañía co servizo que presta aos seus clientes. Un compromiso aliñado co propósito de Viesgo, que consiste en ofrecer a “enerxía para o mundo que queremos”, esforzándose en ter un impacto positivo na sociedade, as persoas e a contorna.

En liña coa aposta polo investimento e a innovación como claves da mellora do servizo, Viesgo prevé acadar un investimento superior aos 1.000 millóns de euros no próximos dez anos, o que constituirá un investimento industrial fundamental na reactivación económica da parte noroccidental de España.