Por mor do covid-19 o Concello de Xove pecha os espazos públicos

Por mor do covid-19 e co fin de garantír as máximas precaucións sanitarias, dende o Concello de Xove tomáronse as seguintes decisións.

Cancelar todas as reservas de espazos públicos como os usos de pavillón, salón de actos, … ata novo aviso; cancelar os usos  dos espazos públicos deportivos como a piscina, campos de fútbol, pavillón, boleras,.. e  culturais ata novo aviso. A Biblioteca Municipal, que permanecía aberta ao público con aforo reducido, tamén se pecha ao público ata novo aviso.

Péchanse tamén os dou parques públicos de Xove e tamén o de Palmeiro, os baños públicos situados nun lateral do pavillón de deportes de Xove.

Por outra banda, o Concello vai seguir aberto, iso sí, con cita previa telefónica para evitar aglomeracións.

En definitiva, tómanse este conxunto de medidas debido ao brote de covid-19 que hai na Mariña e co fin de axudar á saúde pública, evitando, no posible, que se produzan contaxios, dado que os espazos públicos, pola súa natureza de ser lugares onde se xuntan grupos numerosos de persoas, son susceptibles de ser importantes focos de contaxio.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: