Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Plataforma Sanitaria da Mariña alerta da “ausencia de información fidedigna”

Por 9 Xullo, 2020Sin comentarios

Varios sanitarios pertencentes á Plataforma Sanitaria da Mariña alertaron hoxe da “ausencia de información fidedigna por parte do Sergas”.

Na comparecencia os traballadores falaron da desinformación ” tanto aos profesionais como aos usuarios dos servizos de saúde da Mariña”. Así, din que “o xerente do HULA di ser xerente da que debería ser área sanitaria da Mariña, pero adícase a telexestión e o conselleiro de Sanidade decreta o peche da que debería seguir sendo Area sanitaria da Mariña dende o HULA, él teleconfina”.

Ademais amosaron a súa preocupación pola falta de medidas contundentes ante o aumento dos casos, minimizando os números, “maquillando as cifras e en definitiva actuándose tarde e mal”. Ao seu entender, non se debeu agardar a que os contaxios adquiriran estas proporcións, podendo ter actuado e controlado moito antes nos concellos.  As medidas tomadas polo Sergasa estas alturas, por cinco días” parécenos pouco acorde coa protección da saúde e cremos atenden a causas non sanitarias”, engaden.

En relación as persoas que están illadas no seu domicilio e que deron positivo en PCR, queren denunciar a incerteza sobre o elevado número que pode quedar afectado e non poder votar caso de manterese a convocatoria. Pero sobre todo o escaso seguimento que se lles está a facer, pasando varios días cando non todo o confinamento, sen recibir una chamada telefónica dos Centros de seguimento de contactos. Este Centro é o sistema de rastrexo de contactos (un call center) invento da Consellería para facerlles o seguimento de control da súa evolución. E especialmente grave o incumprimento desta empresa sen sanitarios que supervisen a evolución da enfermedade, do que debería ser un contacto diario segundo os protocolos  o que remata provocando unha sobrecarga dos sanitarios de atención primaria  para darlles información e asesoramento.

En Atención Primaria non se dispón dunha ferramenta básica, “a que  debería aparecer no apartado listaxes de traballo da historia clínica electrónica”, unha listaxe cos contactos identificados no seu cupo, e ao non existir non pode suplir a ausencia habitual de contacto do Centro e mesmo entéranse por chamadas dos usuarios de que foron contacto. “Non hai explicación rexistrada na historia clínica electrónica do motivo para realizar as probas PCR nin seguimento rexistrado dos contactos”, explican.

Por outra banda, 0s datos dispoñibles nas pestanas do sistema Ianus de pacientes positivos tanto do centro de Saúde como do Servizo de Atención Primaria, non encaixan cos datos que fornece recentemente o SERGAS de casos activos “dándose a sensación de non fiabilidade das cifras aportadas e que en todo caso fai pensar que a incidencia pode encaixar mais cunha transmisión comunitaria. Peor ainda remítese aos concellos a responsabilidade de tomar actuacións sanitarias, sen medios e cos dados mencionados que mesmo por veciñanza sábense non fidedignos”, dixeron den a Plataforma.

Para o colectivo sanitario resulta moi preocupante que ante un proceso epidemiolóxico activo tan numeroso na comarca o Goberno da Xunta e o Sergas dean as costas ás personas e continúen coa súa folla de ruta co proceso electoral do vindeiro domingo. As veces con argumentos certamente esperpénticos como que xa está controlado por unha suposta baixada de casos en 24 horas.

A propia Consellería por voz do Subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, recoñece que non se pode descartar transmisión comunitaria polo que non entenden a “teima do presidente da Xunta en insistir en que so e un abrocho controlado e en relación cun par de bares do porto”.

Os profesionais están moi descontentos co Sergas despois de pasar o mais duro da pandemia con escaseza de medios e están tamén desconcertados no manexo, contaxiándose masivamente.

Din tamén que seguen na fase de normalidade na que o Sergas di que “o profesional de AP vexa aos casos sospeitosos de Covid unicamente con mascarilla cirúrxica e por riba con sanitarios contaxiándose novamente e causando baixa, e sen cobertura axeitada das ausencias programadas pola época estival”. Consideran irresponsable non ter reforzado o persoal sanitario no número e lugares onde fose necesario e condenan a decisión do Sergas de non substituir aos profesionais de atención primaria, constatándose a falta de substitución da pediatra que atende os concellos de Cervo e Xove desde hai catro meses, así como varios profesionais facultativos de Viveiro e a ausencia de facultativo de desplazados no centro de saúde de Barreiros, así como facultativos e DUES no de Foz. Do mesmo xeito rexeitamos “as políticas sanitarias de bloqueo informático” de camas no hospital da Mariña , nome que adoitan utilizar desde o Sergas para referirse ao peche encuberto de camas, que só conducen a agravar a precariedade tanto da asistencia como da contratación de persoal”.

Por todo isto consideran que debe avaliarse adecuadamente o mantemento do proceso electoral convocado que excederá con moito os 10 individuos que actualmente se consideran de límite de seguridade.