Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Palique de Mondoñedo conta con servizo a domicilio

Por 9 Xullo, 2020Sin comentarios

O Palique de Mondoñedo, puxo en marcha un servizo de reparto a domicilio no Concello, “un servizo que ninguén fai na vila”, di David o seu propietario.

A maiores do reparto a domicilio conta cunha renovada carta que ten sandwiches, pizzas e hamburguesas e ademais engadiron a sección O Palique polo mundo no que sirven desde hot-dogs americanos, pasta italiana, nachos e fajitas mexicanas e por suposto a deliciosa ensalada mindoniense.

As Así como as súas hamburgesas que contatn con variedades de carne e tres variedades de pan.

As súas hamburgesas que contan con variedades de carne de añojo, angus, tenreira, polo, vexetais ou veganas e tres variedades de pan son as máis demandadas, así como as pizzas están elaboradas con masa de pan caseira “moita xente dos pobos do arredor veñen a probar e incluso a buscar para levar para a casa as pizzas e as hamburguesas”, di David.

Para facer encargos é necesario chamar ao 982 892 014, e o horario do local mindoniense é de 11.00 a 16.00 e de 19.30 a peche ata ás 2.30 da madrugada excepto os mércores que está pechado por descanso senón é víspera de festivo.

Tamén queren agradecer a boa acollida que está a ter a nova carta e o servizo de reparto a domicilio.