Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG di que o PP incumpriu o acordo dun ‘Viveiro libre de propaganda electoral’

Por 10 Xullo, 2020Sin comentarios

O BNG de Viveiro destaca un novo incumprimento da moción aprobada en sesión plenaria do 2 de outubro, onde todos os partidos que forman a Corporación Municipal de Viveiro acordaron colocar propoganda electoral exclusivamente nos paneis habilitados e luminarias do concello. Anteriormente saltárase o acordado o PSOE, desta volta, é o PP de Feixóo colocando pancartas fóra dos lugares habilitados, como pontes, verxas, etc.

“Semella que no PP andan nerviosos e saben que as enquisas non son favorables, xa que as tendencias apuntan unha notable subida do BNG coa gran posibilidade de termos a primeira presidenta da Xunta de Galicia”, din os nacionalistas, “por isto, o PP en Viveiro lanza unha campaña meramente propagandística, saltándose incluso as propias normas establecidas sobre os lugares habilitados para este fin, ou repartindo publicidade en man, cando o resto de partidos que se presentan cancelaron a campaña polo rebrote tan activo que está haber na Mariña. Xa quedou clara esta actitude de Feixóo obrigando a celebrar unhas votacións cunha participación condicionada por motivos sanitarios”.

Bermudez recordou os incumprimentos de Feixóo con Viveiro nos últimos 11 anos “para Feixóo, en Viveiro hai 13.000 votantes (por censo electoral) e non 16.000 persoas, chegan con anuncios e moita propaganda para captar votos, pero a veciñanza sabe que a realidade é máis dunha década sen saneamento da Ría, 20 anos dende que Feixóo anunciou a chegada da variante de Viveiro, dunha fachada marítima incompleta, de abandono do rural… E para rematar, mira para outro lado ante o desmantelamento industrial e a crise do COVID.”

Por outra banda, Bermudez dí “a política propagandística do PP non vai evitar que Ana Pontón sexa a nosa presidenta, xa que o voto ao BNG é un voto seguro para a veciñanza de Viveiro. Temos que conquistar o futuro, porque non podemos deixar que nolo sigan roubando. A diferencia do candidato do PP, Pontón comprometeuse a dar sempre a cara cando haxa problemas. Este país non se merece un presidente irresponsable que actúa con cálculo electoralista mesmo poñendo en risco a saúde das persoas como está pasando co rebrote da Mariña.”