Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Patricia Otero esixe medidas para detectar os contaxios nas residencias de maiores

Por 10 Xullo, 2020Sin comentarios

A secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e candidata ás eleccións autonómicas, Patricia Otero denunciou hoxe que Feijóo segue eludindo as súas responsabilidades, tralo rebrote de Covid na Mariña, cando hoxe coñecemos que aumentaron as cifras de afectados en máis de 20 persoas. Otero acusou a Feijóo “de non exercer as súas competencias, e o que é máis grave, segue eludindo dar explicacións aos veciños da Mariña, cando forma parte da súa responsabilidade e obrigación política”.

A dirixente socialista cualificou “de bastante lamentable a actitude do Presidente en funcións neste asunto, xa que cando quen tomaba as decisións o Goberno de España aproveitaba para facer confrontación co executivo Central. Pero agora que lle toca dirixir este rebrote na Mariña, escolle a saída rápida, eludindo as súas propias responsabilidades, cando a única responsabilidade é do seu goberno que ten competencias neste asunto”, advertiu.

A cabeza de lista ás eleccións autonómicas argumentou que “nunha situación como está non podemos esquecernos dos nosos maiores e especialmente dos que están nas residencias da nosa comarca. A Xunta, como autoridade sanitaria, está obrigada a protexelos e, por iso, esiximos que se adopten as medidas necesarias para detectar e previr os contaxios en todas as residencias da Comarca, con independencia da súa titularidade”.

Reclamamos ao PP que informe  do número de persoas afectadas

Otero sinala que “as medidas preventivas para facer fronte a este rebrote deberían terse adoptado xa, por iso reclamamos ao Goberno do PP que informe inmediatamente sobre si hai persoas afectadas polo rebrote nestas residencias. Queremos coñecer si existen casos, e tamén que labores de prevención se están executando para detectalos, e actuar no caso de que fóra necesario”.

Por último dixo que “a Conselleira de Sanidade non pode eludir a responsabilidade que ten sobre a saúde das persoas maiores. Esixímoslle rapidez e eficacia. É necesario e urxente que nin unha soa residencia da Mariña deixe de estar protexida sanitariamente”, resumiu.