Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Viveiro CF prepara o equipo para a volta a Terceira

Por 12 Xullo, 2020Sin comentarios

O Viveiro CF xa ten practicamente rematado de deseñar o equipo que formará parte da Terceira División o ano que vén. O conxunto conseguiu o seu ascenso tras finalizar abruptamente a tempada pola irrupción do coronavirus, o que obrigou a suspender a Liga. A súa situación no alto da táboa de Preferente foi o que necesitou o equipo para coller a praza en Terceira División tras 14 anos loitando por ela.

A primeira medida posta en marcha polo equipo para a chegada a Terceira foi a renovación do corpo técnico ao completo e que dirixe Jesús Gómez Núñez Chusky. O adestrados do Barco é o décimo oitavo do club e chegou cando o equipo estaban nunha agónica situación ao bordo do descenso, no 2017. Foi o responsable sen dúbida deste salto cualitativo que puxo ao equipo En Terceira.

Non tardou tampouco a renovación dos tres capitáns do equipo, Xaime González Vilariño, Arturo Calvo Martínez e Álex Meitín Serantes. Xunto a estes tamén seguirán no club mariñao Uriol, Rolle, Pablo, Roi, Agus, Iván, Tichu o pichichi da competición de Preferente Gerardo e Manu Cedrón.

Entre as novidades previstas para este ano está a chegada de Asier. De celeste tamén vestirán a próxima tempada Dani Montes, Edgar e Pablo Rey.