Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Ourol cancela as festas patronais

Por 13 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Ourol adoptou a decisión de cancelar as festas patronais organizadas polo Concello no mes de agosto.

Tomouse esta determinación tendo en conta a situación actual e as características propias do evento referido, por responsabilidade e priorizando a seguridade e saúde pública por riba de calquera outra cuestión, tendo en conta que non se pode garantir o cumprimento das recomendacións sanitarias e de hixiene, a distancia de seguridade establecida para combatir a propagación do virus ou as limitacións de aforo.

O Concello toma esta decisión por unha tripla motivación: responsabilidade, seriedade e seguridade. Neste momento considerase que é moi importante minimizar o risco de contaxios, extremar as precaucións e cumplir as medidas establecidas polas autoridades sanitarias competentes; priorizando en todo momento a saúde dos nosos veciños e veciñas.