Skip to main content
Actualidade

O PP gaña as eleccións e o BNG sitúase á cabeza da oposición

Por 13 Xullo, 2020Xullo 14th, 2020Sin comentarios

O PP volveu gañar este domingo as eleccións autonómicas por maioría absoluta e Feijóo volverá ocupar a cabeza do Goberno da Xunta.

O Partido Popular obtivo finalmente 41 escanos, os mesmos que tiña, malia que comezou o reconto con 44. Isto permítelle seguir gobernando en solitario xa que a maioría absoluta está en 38.

A outra novidade destas eleccións é que o BNG pasa a ser a segunda forza máis votada con 19 escanos, aínda que comezou con 17 o reconto e nos pasados comicios tiña 13 menos.

O PSOE otivo os 15 restantes, un máis que hai catro anos. Ningunha das outras forzas presentadas conseguiu representación.

Na provincia de Lugo, o PP logrou 9 escanos, un máis que no 2016, mentres que o BNG suma dous máis e chega a 3 e o PSOE queda con 2, un menos.

POR CONCELLOS:

  • A Pastoriza: PP (836), BNG (345), PSOE (203), VOX (28), Podemos (15), outros (11)
  • Abadín: PP (765), BNG (140), PSOE (131), VOX (33), Podemos (16), outros (4)
  • Begonte: PP (1.317), BNG (240), PSOE (218), VOX (38), Podemos (24), outros (6)
  • Castro de Rei: PP (1.531), BNG (496), PSOE (342), VOX (63), Podemos (40), outros (19)
  • C0speito: PP (1.577), BNG (363), PSOE (322), VOX (49), Podemos (47), outros (19)
  • Friol: PP (2.009), BNG (240), PSOE (268), VOX (30), Podemos (24), outros (17)
  • Guitiriz: PP (1.296), BNG (624), PSOE (450), VOX (49), Podemos (66), outros (21)
  • Meira: PP (489), BNG (154), PSOE (240), VOX (20), Podemos (15), outros (8)
  • Muras: PP (172), BNG (94), PSOE (67), VOX (2), Podemos (7), outros (2)
  • Outeiro de Rei: PP (1.875), BNG (600), PSOE (315), VOX (68), Podemos (47), outros (36)
  • Pol: PP (441), BNG (181), PSOE (219), VOX (15), Podemos (16), outros (5)
  • Rábade: PP (396), BNG (166), PSOE (132), VOX (16), Podemos (13), outros (7)
  • Riotorto: PP (488), BNG (135), PSOE (113), VOX (12), Podemos (14), outros (3)
  • Vilalba: PP (4.037), BNG (1.286), PSOE (1.125), VOX (129), Podemos (123), outros (55)
  • Xermade: PP (560), BNG (155), PSOE (168), VOX (28), Podemos (9), outros (3)