Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os Fandangueiros de Alfoz cancelan a súa saída para o vindeiro Entroido

Por 13 Xullo, 2020Sin comentarios

A Comparsa Os Fandangueiros de Alfoz vén de comunicar que debida a situación e aos rebrotes que están a acontecer na Mariña, decidiron cancelar a súa saída no Entroido 2021.

“Dende a Directiva da comparsa e a votación de todos os socios decidimos cancelar a nosa saída. Consideramos mellor opción descansar un ano que arriscar a saúde dos nosos integrantes e de todo aquel que poida estar en contacto con nós, cando sinceramente aínda temos dúbidas de que se poda celebrar o entroido”, din.

Deste xeito comunicaron que dende xa comezarán “con máis ilusión que nunca a traballar no noso traxe para o 2022″.