Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A UNED de Foz abre o prazo de matrícula

Por 14 Xullo, 2020Sin comentarios

A UNED – Aula Universitaria de Foz abre o prazo de matrícula para este novo curso e oferta 28 graos, 11 graos combinados, 79 másteres e un curso de acceso para maiores de 25 e 45 anos.

Os interesados terán de prazo ata o 22 de outubro para formalizar a matrícula.

O centro pon ao disposición dos estudantes as titulacións e recursos que pode ofrecer unha universidade presencial, pero con liberdade para conciliar a vida laboral e familiar.

A coordinadora da UNED, María Fuensanta Otero Beltrán, explicou que “a combinación de formación online e semipresencial apoiada nunha plataforma propia permite que a UNED sexa a única universidade española que non aplica notas de corte ás solicitudes dos seus futuros estudantes”.

Otero Beltrán engadiu que “se os nosos estudantes deciden realizar a súa formación integramente online poden facelo, pero tamén teñen a opción semipresencial, se así o desexan, dado que os nosos profesores-titores personalizan e adaptan os contidos a cada opción. Aínda que sigan o seu ritmo e teñan flexibilidade horaria, nunca estarán sós. Sempre terán un docente que lles acompañará ao longo de toda a formación e axudaralles a seguir adiante nos momentos máis difíciles, como ocorreu este curso”, concluíndo que a UNED-Aula Universitaria de Foz é a opción perfecta para desenvolverse profesionalmente desde a comarca da Mariña.

Para máis información é necesario acudir á secretaría da UNED-Aula Universitaria de Foz, ubicada no I.E.S. de Foz ou chamar aos teléfonos 982 133 699 / 604 034 549 ou mediante un email a foz@lugo.uned.es.