Skip to main content

O Concello do Valadouro adiou a actividade de Ludiverán programada para o 15 de xullo.

Así, debido ao rebrote de COVID-19 que esta a vivir a comarca, e tras consultar ás autoridades sanitarias competentes polo inicio das actividades, tomaron a decisión de pospoñer a actividade.

Polo tanto, o inicio das actividades vese atrasado ao 1 de agosto, a condición de que na devandita data podanse asegurar todas as garantías sanitarias aos inscritos.