Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Viveiro denuncia a carretaxe de anciáns da residencia Betania

Por 15 Xullo, 2020Sin comentarios

A portavoz do BNG viveirense, Míriam Bermúdez, denunciou na mesa electoral onde estaba de apoderada este pasado 12 de xullo, o translado de persoas maiores da residencia Betania de Viveiro, en pleno confinamento Mariñán e coa entrega do sobre en man. “A primeira hora da mañá, chegou unha furgoneta do xeriátrico Betania”, afirma Bermúdez, “onde nada máis baixar as e os anciáns da furgoneta a persoa que os acompañada, fíxolles entrega do sobre.”

Ademais en Betania -como no resto de residencias da Mariña-, permanecían prohibidas as visitas debidos ao rebrotes tan activos de coronavirus producidos na Mariña, co fin de protexer as e os anciáns contra a Covid-19 e a exposición ao risco de contaxio. Míriam Bermúdez di “existe un instrumento legal de votación que garante o 100% o perigo de contaxio da Covid nos residentes, que é o voto por correo, o cal non para que solicitaran. É incríbel como se nega a visita de familiares na propia residencia como medida de protección fronte aos contaxios, mais logo é a propia xerencia quen os leva a votar”.

A mesa electoral en cuestión, tratábase dunha das situadas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro, onde tamén estaban presentes interventores e apoderados doutros partidos que permaneceron pasivos aos feitos. Míriam Bermúdez non dubidou en deixalo constatado na Acta de Sesión, polo que queda presentada a denuncia na Xunta Electoral de forma automática.

O BNG destaca tamén que a Residencia Betania é unha das residencias pertencentes á congregación relixiosa “Las Hermanitas de los Ancianos Desamparados” que, ademais de en Viveiro, tivo outras 3 denuncias polas mesmas prácticas noutras residencias este 12 de xulio, como son as residencias de Verín, Ourense e Pontevedra, xestionadas pola mesma congregación relixiosa.