Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O PP pide á Deputación un plan para a reactivación económica da Mariña

Por 15 Xullo, 2020Sin comentarios

O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, anuncia que o PP “presentará no próximo Pleno unha moción para que o Goberno provincial restableza o antes posible a imaxe da Mariña lucense, danada nestes días pasados, coincidindo coa campaña electoral, polo mal uso  que fixeron das institucións os gobernantes nacionalistas e socialistas tanto nos concellos mariñáns como na propia Deputación”. Castiñeira refírese “ás declaracións absolutamente alarmistas, nas que se poñía en dúbida a seguridade dos veciños da Mariña e dos turistas que nese momento  se atopaban na comarca disfrutando da nova normalidade”. O PP reclama un plan de reactivación económica da comarca, que sufre no económico e no industrial

O portavoz popular critica  “o uso partidista das institucións para tratar de alarmar dicindo que non se daban as condicións necesarias para votar, afirmación a partir da que se podía interpretar que se non se podía votar tamén era posible que non resultara seguro facer outras actividades”. Deste xeito, “desmotivouse absolutamente aos turistas, que acabaron evitando á estancia na Mariña; por outro lado, desmotivouse tamén aos propios veciños da Mariña, que deixaron de facer unha vida normal (dentro da condicións nas que estabamos na Mariña) e se retraeron ao seus fogares,  diminuíndo así considerablemente o consumo tanto na hostalería como no comercio”.

Os populares queren impulsar medidas para superar canto antes a situación creada e optan, segundo Castiñeira, “por seguir sumando e buscar solucións”. E nesa liña presentan a moción anunciada polo portavoz, que di: “Entendemos que hai que facer unha campaña dende as administracións, de todas, e polo tanto tamén desde Deputación de Lugo para a reactivación económica desta comarca”. Castiñeira visitou esta mañá Ribadeo para comprobar a situación en compañía de Daniel Vega, portavoz municipal, que será deputado autonómico na próxima lexislatura.