Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Suspendidas as festas de Ribadeo malia que lanzarán dúas coroas ao mar

Por 15 Xullo, 2020Sin comentarios

A asociación cultural Festas do Carmen de Ribadeo, encargados da organización, suspendeu as festas patronais por mor do coronavirus.

Estas festas, que incluían unha procesión marítima como en toda vila mariñeira, non se esquezerá dos seus naúfragos nesta ocasión, e os veciños teñen preparadas dúas coroas de flores para lanzar ao mar en memoria deles. Estas coroas están elaboradas polos usuarios da residencia de maiores.

Estas dúas ofrendas serán benditas na misa que se celebrará o xoves ás 20.00 horas na igrexa parroquial da Nosa Señora do Campo. Dende a organización lembran que para asistir a misa é necesario o uso de máscara e o aforo será limitado.