Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP de Trabada culpa á alcaldesa do estado de abandono no que mantén ao municipio

Por 16 Xullo, 2020Xullo 17th, 2020Sin comentarios

“A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, tivo moito máis interese en participar da política do medo que puxo en práctica na Mariña o Partido Socialista nas pasadas eleccións autonómicas que en facer o traballo de xestión que lle corresponde”, así o sinala o portavoz municipal do PP, José María Fernández Vázquez, que di que, “por elo, pola falta de xestión, o municipio presenta un lamentable estado de abandono. Destaca que o estado das pistas é boa mostra de que a alcaldesa preferiu dedicar os seus esforzos a promocionar o interese electoral do seu partido a traballar en beneficio de todos os veciños de Trabada”.

Fernández Vázquez di que é lamentable que a alcaldesa dedicase tanto esforzo a tratar de evitar que se celebraran as eleccións na Mariña, sen importarlle para nada as consecuencias económicas e para a imaxe desta comarca, que tanto precisa do turismo. Indica que a falta de xestión do día a día, leva a que a mesma alcaldesa tivese que recoñecer na sesión plenaria do mércores que o desbroce das pistas non poderá empezar ata agosto. Así están as cousas en Trabada, debido a que os socialistas, como os nacionalistas, tanto nos concellos da Mariña como na Deputación, preferiron xogar segundo os intereses partidistas e electoralistas en vez de atender as obrigas como xestores.

O portavoz popular di “se miramos para as pistas, vemos que están todas sen desbrozar, algunha dende hai bastante máis dun ano. Se imos ao campo de fútbol, tamén queda clara a falta de mantemento. O ximnasio sigue pechado, e hai veciños que queren utilizado. E así se vai consolidando a imaxe de Trabada como un municipio en estado de abandono”. Unha imaxe que se vén sumar ao dano que, en opinión de José María Fernández, fixeron os gobernos locais socialistas e nacionalistas á imaxe da Mariña ao xerar dúbidas sobre se era seguro acudir a votar, de xeito que, ao mesmo tempo, e por extensión, xeraron dúbidas sobre a seguridade doutras moitas actividades, co conseguinte dano para a economía e a proxección da comarca.