Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os clubs de fútbol prepáranse para a nova tempada

Por 17 Xullo, 2020Sin comentarios

O Viveiro CF xa ten practicamente rematado de deseñar o equipo que formará parte da Terceira División o ano que vén. O conxunto conseguiu o seu ascenso tras finalizar abruptamente a tempada pola irrupción do coronavirus, o que obrigou a suspender a Liga. A súa situación no alto da táboa de Preferente foi o que necesitou o equipo para coller a praza en Terceira División tras 14 anos loitando por ela.

A primeira medida posta en marcha polo equipo para a chegada a Terceira foi a renovación do corpo técnico ao completo que dirixe Jesús Gómez Núñez Chusky. O adestrador do Barco é o décimo oitavo do club e chegou cando o equipo estaban nunha agónica situación ao bordo do descenso, no 2017. Foi o responsable sen dúbida deste salto cualitativo que puxo ao equipo en Terceira.

Non tardou tampouco a renovación dos tres capitáns do equipo, Xaime González Vilariño, Arturo Calvo Martínez e Álex Meitín Serantes. Xunto a estes tamén seguirán no club mariñao Uriol, Rolle, Pablo, Roi, Agus, Iván, Tichu, o pichichi da competición de Preferente Gerardo e Manu Cedrón.

Entre as novidades previstas para este ano está a chegada de Asier. De celeste tamén vestirán a próxima tempada Dani Montes, Edgar e Pablo Rey.

PREFERENTE. Trala renovación da directiva do Foz cunha única candidatura, e presidida por José María García Rivera, este comunicou que o corpo técnico estará fomado por Javi Chinchón como adestrador e Israel Cruz como segundo. Tamén confirmaron a renovación de Rivera, Dani Chao, Canario, Butelo, Dani Sante, Gonzalo e Cristian. Así mesmo, pasarán a formar parte do equipo os xuvenís Jorge Méndez e Yeray. Incorpórase tamén Jorge López do Celta e volve Xenxo.

O Ribadeo, compañeiro en Preferente aínda está inmerso no proceso de renovación de directiva, aprazado novamente polo brote de coronavirus.

PRIMEIRA AUTONÓMICA. Roberto Ramallal estará a vindeira tempada ó fronte do primeiro equipo das Escolas Deportivas Lourenzá en substitución de Diego Rego.

Logo de 4 ano, o que fóra xa adestrador do Lourenzá, volve esta tempada desde o Riotorto para intentar manter o posto do equipo laurentino acadado ao non haber descensos. O novo adestrador xa firmou a renovación de tres centrocampistas: Noé; Garra e Paulo así como Luis, José Antonio, Yago e Diego. Dous capitáns seguirán tirando do carro: Iván e Montxo.

O banco do Riotorto ocuparano Alejandro Rego Romero, Jandry e xa se coñece a retirada do capitán Xosé Loureido. No Xove Lago Bruno Gómez e Adri Gómez selaron a súa continuidade ao fronte do equipo.

En Burela renovaron o capitán Jairo Campo Vázquez, Cristian Iglesias Martínez, David Ben Rivas, Pablo Vila Quelle, Tomás Fernández Fidalgo na portería e Alejandro Esquerdeiro Cabarcos. Fichan polo equipo Gilson Lopes, Saul Dean e Jairo Ares.

O Folgueiro recupera a Anxo Fernández como adestrador tras un ano fóra e renovan a Barri, Pedro, Kiños, Zeus, Aurelio, Oki, Álex, Martínez, Iago, Miguel, Javi, Joni, Renato, Quique, Borja, Diego Cora, Dieguito e Lomba.

SEGUNDA. En Segunda, o Mondoñedo confirmou a continuidade do seu adestrador Julio Castro, ao igual que o Candelaria, onde seguirá Jaime Pérez.

Mentres no Celta renova tamén Victor Couto ademais de Álex Ferro, Víctor, Jhoseba, Xián, Iván Pita, Mákina,. Pedro Incera, Hugui, René, Rubén Carracha, Danián Capi, IFF, Rivas, Insua, Fran Vázquez. Entre os novos fichaxes está Aitor López. Tamén comunicou a retirada de David Celeiro e Jorge.

No CD Alfoz renova o adestrador Suso Martínez Blanco así como O Castelo, Pille, Káiser e Dani Río.

No Pontenova anunciaron o regreso de Adrián Pasarín, a baixa de Xoel, Óscar e Iván Zana, o ascenso por idade de David Rodríguez e as renovacións de Diego, Fiallega, Álvaro, Iván, Villy, Fran Fernández, Juan, Borja, Puente, Álex, Cristian, Charly e Pablo Castrín.

No Iberia renova o corpo técnico con  José Manuel Teijeiro e Carlos Devesa. Incorpórase Jonathan Vicente Carnerero, o porteiro Christian Bernardo Varela, os xuvenís do Viveiro Adrián García Cubelas e Miguel Yáñez e regresa Adrián Rodríguez Barrera.