Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo anima aos propietarios a solicitar subvencións para rehabilitacións

Por 17 Xullo, 2020Sin comentarios

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, anima aos propietarios de vivendas sitas nos Aris de Ribadeo e Rinlo a solicitar subvencións para a súa rehabilitación. O prazo remata o vindeiro 18 de agosto.

O rexedor dixo: “quixéramos desde o Concello de Ribadeo animar outra vez aos propietarios de vivendas nas áreas de rehabilitación do casco vello de Ribadeo e máis de Rinlo a que soliciten as subvencións para rehabilitar os seus inmobles, dado que o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 18 de agosto”.

Fernando Suárez sinalou que “non queda moito tempo, queda un mes practicamente, e é unha pena que non se presenten solicitudes porque senón teríamos que devolver diñeiro público tanto ao Ministerio como, en menor medida pero tamén importante, á Xunta de Galicia”.

O alcalde ribadense manifestou que “hai que ter en conta que estas subvencións a recibir a fondo perdido, no caso máis óptimo, poden chegar aos 16.000 euros. Evidentemente para facer as obras de rehabilitación débese contar coa correspondente licenza municipal de obras e o prazo para facer eses traballos e para xustificar a subvención remata o 15 de novembro de 2021”.

Suárez Barcia fixo un chamamento “porque se alguén no casco vello de Ribadeo ou de Rinlo necesita ou ve interesante rehabilitar a súa vivenda para mellorala, para acondicionala interior ou exteriormente, que as dúbidas que poida ter veña solicitar a información á Oficina de Rehabilitación do Concello de Ribadeo, onde lle darán toda a cumprida información. Pero sobre todo quero indicar que os prazos improrrogables para solicitalas rematan dentro dun mes, concretamente o 18 de agosto”.