Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Suspendida a VII Media Maratón Ribadeo – As Catedrais

Por 17 Xullo, 2020Sin comentarios

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, anunciou hoxe a cancelación da VII Media Maratón Ribadeo – As Catedrais prevista para o 12 de setembro por mor do coronavirus.

O edil ribadense explicou: “desde a Área de Deportes do Concello de Ribadeo informamos a día de hoxe que se vai a suspender a media maratón que estaba prevista para o 12 de setembro deste ano 2020. Os motivos son debidos a esta crise sanitaria que nos está invadindo un pouco a todos, ocasionada polo Covid-19.”

Jorge Díaz declarou que “esta carreira é un acto multitudinario, que é difícil levalo a cabo nestas circunstancias. Organizar un evento destas características conleva certo manexo de persoas e persoal, entre eles voluntarios, que son persoas que o fan sen ningún ánimo de lucro e axudan a que esta carreira sexa un referente na Mariña e no entorno de Lugo.”

O concelleiro tamén fixo chegar os seus agradecementos aos que colaboran coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais: “tamén quero agradecer, coma sempre, a todos os participantes e corredores que todos os anos o fan posible, e tamén aos colaboradores, como as empresas que nos ceden material para este evento”.

Jorge Díaz recalcou que “a decisión da suspensión foi adoptada por prudencia e responsabilidade. Non é unha cousa que quixéramos facer, pero temos a obriga de facelo por responsabilidade e por prudencia con toda esta situación hasta que se poda normalizar, porque unha acumulación de entre 600-700 participantes de media que está habendo nesta carreira nunha saída ou nunha inscrición é moi complicado de xestionar, tanto niso como nunha chegada, e queremos evitar riscos e males maiores, como se soe dicir”.