Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Burela aprobou definitivamente os orzamentos para 2020

Por 18 Xullo, 2020Xullo 27th, 2020Sin comentarios

O Concello de Burela aprobou hoxe definitivamente, nun pleno extraordinario, os orzamentos para 2020. Ascenden a 7.300.000 euros e o alcalde, Alfredo Llano, asegura que se destinarán a atender ben os servizos e as necesidades da veciñanza.

O rexedor explicou que “hoxe tivemos un pleno extraordinario para aprobar definitivamente os orzamentos correspondentes ao ano 2020, despois de pasar o tempo para a presentación de alegacións, pero non houbo ningunha. Soamente se presentou unha reclamación do grupo popular referida a que había que engadir un documento ao expediente que era a memoria da Alcaldía. Engadiuse, pero iso non era vinculante para traer os orzamentos a aprobación definitiva”.

Alfredo Llano dixo que “son 7.300.000 euros e imos procurar aproveitar estes orzamentos para facer o mellor posible cousas de todo tipo, atender ben os servizos e as necesidades da nosa veciñanza de aquí a final de ano”.