Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela destinará 120.000 euros aos afectados polo covid-19

Por 19 Xullo, 2020Sin comentarios

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, reuniuse coa Acia para informar que se destinarán 120.000 euros das arcas municipais para os comerciantes e os autónomos do municipio afectados pola crise ocasionada por esta pandemia. Ademais o Concello solicitará axuda á Deputación de Lugo, á Xunta de Galicia e ao Goberno estatal.   

O alcalde contou que “tivemos unha reunión cos representantes da Acia na que fixemos unha primeira valoración de como está a situación socioeconómica no noso concello. Todos coincidimos en que é preocupante o que está ocorrendo e como está afectando a todo en liñas xerais. É certo que levamos xa case dúas semanas cun confinamento especial en Burela e significa que non temos facilidade de movemento e iso implica que a xente non acuda e que a nosa xente tampouco se mova tanto. Aproveito para dicir que dentro dos protocolos tamén podemos desprazarnos e facer gasto no noso pobo e dentro dos nosos medios apoiar, hai que ter coidado e manter o protocolo, pero non implica que a xente non se mova por Burela e dea gasto á nosa xente para motivar aos comerciantes. Con coidado podemos facer vida polo pobo”.

O rexedor explicou que “lles comuniquei que ao ser aprobados os orzamentos e xa poder incorporar unha partida da liquidación positiva do ano pasado, dos remanentes que temos, imos incorporar 120.000 euros para axudas para os autónomos e os comerciantes de Burela. Hai que facer os trámites e espero que para a semana que ven poidamos ir avanzando todo. Imos ver canto solicitan e a cantidade que podemos aportar e cremos que debe servir polo menos para paliar un pouco a situación. Pensamos ademais que Burela merece unhas axudas específicas polo confinamento especial que estamos tendo agora e desde o Concello imos facer unha solicitude dirixida á Deputación, á Xunta e ao Goberno do Estado para que se destinen subvencións aos comerciantes e aos autónomos do noso concello”.