Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cortan dende o luns a estrada de Xove a Portiño de Morás por obras

Por 19 Xullo, 2020Xullo 27th, 2020Sin comentarios

A Deputación de Lugo informa de que a estrada LU-P-260, no concello de Xove, estará cortada ao tráfico entre o luns e o mércores da vindeira semana entre os puntos quilométricos 2,1 e 2,3 debido aos traballos de mellora que a institución provincial está acometendo vía, que conecta o centro da capitalidade co Portiño de Morás. A estrada estará cortada en concreto polos traballos para enlazar a vía existente co treito en variante que se está construíndo.

A institución provincial instalará previamente sinalización informativa e habilitará desvíos, co obxectivo de que o corte afecte o mínimo posible aos usuarios desta vía.

Estas obras, nas que a Deputación de Lugo inviste 270.000 euros, afectan a case 3 quilómetros da estrada, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85. As actuacións consisten na ampliación do ancho da plataforma, o que permitirá ter dous carrís de 2,75 metros cada un. Ademais, tamén se están drenando e afirmando as zonas ensanchadas, para posteriormente pavimentalas con aglomerado en quente. Estímase que estes traballos queden rematados a finais do verán, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.